Asabys Partners

Asabys Partners é unha xestora de capital risco especializada no sector saúde, fundada por Josep Ll. Sanfeliu e Clara Campàs e participada por Alantra. O seu primeiro  vehículo de inversión, Sabadell Asabys Health Innovation Investments SCR, SA, foi lanzado en 2019 e conta co respaldo do Banc Sabadell como inversor de referencia. Cun tamaño obxectivo de máis de 80 millóns de euros, invirte en compañías do sector saúde nas súas tres verticais: Biotech, MedTech e solucións de terapia dixital, apoiando tecnoloxías altamente innovadoras e disruptivas.

XesGalicia

XesGalicia é unha sociedade xestora de entidades de capital risco co obxectivo de apoiar o tecido empresarial galego a través de catro vehículos de inversión distintos, ofrecendo financiación a diversas tipoloxías de proxecto, dende iniciativas empresariais de recente creación ata proxectos industriais xa establecidos e cunha dilatada traxectoria.

Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, dentro da convocatoria de Proxectos de I+D+i «Retos-Colaboración» do Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación Orientada a los Retos de la Sociedad, no marco del Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020, concedeu unha axuda ó proxecto “Descubrimento e desenvolvemento de novos tratamentos Inmuno-Oncolóxicos e anti-fibróticos con efecto local” liderado por ORIGO BIOPHARMA S.L. con número de expediente RTC2019-007449-1.

Este proxecto foi financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dentro del Subprograma RETOS-COLABORACIÓN, Convocatoria 2019. O proxecto está cofinanciado pola Unión Europea co obxectivo de promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade.

Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI)

O “Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial” (CDTI) concedeu financiación para o Proxecto Origo-GI “Descubrimento e desenvolvemento de novas inmunoterapias para o tratamento restrinxido no órgano de cáncer colorrectal e enfermidade de Crohn”, na súa convocatoria 2019 do programa NEOTEC.

(Número de expediente EXP-00122753/SNEO-20191050)

Este proxecto foi subvencionado polo CDTI dentro do Subprograma Estatal de I+D+I Empresarial no marco do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 e apoiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade de España